mércores, 28 de outubro de 2026

A voz do San Tomé



 Avisamos a todo o alumnado do centro de que se prorroga o tempo para anotarse como participante do grupo de radio. Pasade pola Biblioteca para apuntarvos a actividade.

luns, 26 de outubro de 2026

Move o esqueleto!



Ven este venres á biblioteca para ver e escoitar unha serie de vídeos musicais de temática terrorífica que farán que se sacudan os teus ósos. Coidado coas tumbas, non vaia ser que as pantasmas saian a bailar tamén con vós.


domingo, 25 de outubro de 2026

Festexando o Día das escritoras


 O alumnado do noso centro conmemorou durante a semana do 19 de outubro o Día das Escritoras, realizando unha exposición e unha actividade sobre a mesma:






mércores, 21 de outubro de 2026

Nada máis rico que o terror con castañas

 O equipo de Normalización Lingüística, ademais de propoñer unhas actividades terroríficas (e divertidas), anímavos a participar tamén na celebración do Magosto. Apuntádevos!!








mércores, 14 de outubro de 2026

xoves, 1 de outubro de 2026

Formación de usuarios/as 2026-2027

 O novo alumnado de 1º ESO xa visitou a nosa Casiña para coñecer a súa organización e funcionamento. Agardamos que vos gustara a vosa biblioteca e que veñades moitas veces a visitala (e utilizala).



luns, 28 de setembro de 2026

Clubs de Lectura 26-27

 


Lembramos que ao longo destes días hai unha serie de reunións informativas sobre os clubs de lectura propostos para este ano. Achegádevos e animádevos a participar.