O equipo de biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura quere agradecer enormemente a Sonia Mirón a súa boa disposición para vir ao noso centro. A escritora realizou unha charla - coloquio co noso alumnado da ESO para falar con eles dos seus libros. Coma sempre, a charla foi moi amena, e Sonia mostrouse encantadora co alumnado. Por todo isto, moitas grazas.
Esperamos que remate pronto a nova novela na que está a traballar para realizar unha nova visita ao noso instituto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario