Tras ler as suxestións de posibles nomes para a nosa biblioteca, o xurado (composto pola directora, vicedirectora e o equipo de traballo de biblioteca) non é quen de escoller entre "Tometeca" ou "A Casiña".
Así que delegamos a decisión na comunidade escolar: todos/as estades invitados a cubrir este formulario (familias, alumnado, profesorado e persoal non docente) para elixir un destes nomes.
O prazo para realizar a enquisa remata o próximo venres 3 de novembro, ás 00:00.
Moitas grazas por adiantado pola vosa colaboración:
Ningún comentario:
Publicar un comentario