martes, 31 de outubro de 2023

Samaín 2023


 Este 31 de outubro o IES San Tomé petouse de elementos terroríficos e arrepiantes: dende a exposición de novidades de biblioteca, as cabazas talladas polo noso alumnado, a exposición dos chupasangues reais que fixeron os alumnos/as de 1º ESO, a proxección de curtametraxes de terror no recreo, lectura de relatos de terror, o cemiterio creado polo alumnado de Latín de 1º Bacharelato, ata a asombrosa decoración do salón de actos que algunhas nais do ANPA realizaron. 

O equipo de traballo da Biblioteca agradece enormemente a todos/as a vosa colaboración, especialmente ás nais do ANPA que viñeron botar unha man.

A continuación, podedes ver as imaxes destas exposicións e actividades realizadas no día de hoxe:

  1. Curtas de terror e decoración do salón de actos 
  2. Cemiterio do alumnado de Latín de 1º Bac.
  3. Exposicións do alumnado de Literatura Universal 1º Bac.
  4. Exposicións: "Vampiros reais" (1º ESO), concurso de talla de cabazas e avances de novidades da Biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario