mércores, 20 de decembro de 2023

Concurso: Buscando logo para a biblioteca

 

A Casiña precisa dun logo que a represente. O logo será oficial e aparecerá nos carteis, no blog, no instagram, e noutras producións que se xeneren dende a Biblioteca. Tedes todo o Nadal para darlle aos miolos. O prazo de entrega remata o 31 de xaneiro do 2024. Se clicades no cartel do concurso, poderedes ler as bases deste concurso. Por último, todos os habitantes da Casiña queremos desexarvos unhas felices festas e un novo ano cheo de boas lecturas. Bo Nadal e Feliz Aninovo!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario