domingo, 18 de febreiro de 2024

Cita lectora: Book dates 2024

 O pasado 16 de febreiro celebramos na biblioteca a prometida cita lectora na que algúns de vós puidestes coñecer a outros compañeiros/as do centro que teñen con vós afinidade lectora. Aínda que houbo algún "plantón", o alumnado que participou disfrutou da actividade, na que leron e valoraron un poema, un microrrelato e a letra dunha canción. Velaquí as fotos do evento:









 

Na Biblioteca atoparedes as compatibilidades lectoras de todos aqueles que non quixeron coñecer persoalmente á súa alma lectora afín.Os que fixestes o cuestionario pero non estades en ningunha listaxe, é porque a vosa media laranxa lectora é moi tímida e non quixo participar cubrindo o formulario ou porque está noutro centro. En calquera caso, non perdades a esperanza de atopar á vosa alma xemelga lectora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario