CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
FESTEXA A ROSALÍA
Co gallo de celebrar o día de Rosalía o 23 de febreiro, o equipo da biblioteca A casiña do patio convoca o concurso de fotografía Festexa a Rosalía.O obxectivo do concurso é dar a coñecer a súa obra a través dunha imaxe fotográfica.
BASES
1. PARTICIPANTES
· O concurso vai dirixido a todo o alumnado de secundaria e bacharelato do centro.
2. CARACTERÍSTICAS:
· A imaxe final debe conter un texto en galego da autora acompañado dunha fotografía orixinal realizada polo alumnado.
· As imaxes enviaranse en dous formatos:
1) En formato dixital (.jpg) co poema, verso ou cita escollida que acompañe a foto no corpo da mensaxe.
2) En formato PDF co texto xa incrustado.
3. PRESENTACIÓN
· Os e as participantes enviarán os arquivos (pdf e jpg) coa imaxe ao enderezo santomebiblioteca@gmail.com e indicarán no correo o nome e apelidos, curso e grupo ao que pertence. Todos aqueles correos electrónicos que non estean debidamente identificados polos participantes quedarán eliminados do concurso.
· O prazo de entrega rematará o luns 17 de febreiro.
· Os premios entregaranse o luns 24 de febreiro durante o recreo na biblioteca do centro.
4. PREMIOS
· Haberá un premio ( que será determinado polo equipo da biblioteca) para o gañador que ademais terá a honra de ser nomeado/a fotógrafo/a oficial da biblioteca nas distintas actividades que se realicen.
Con todas as imaxes recibidas, levarase a cabo unha exposición para dar a coñecer a vosa creatividade e a obra da autora.
Finalmente, aquí vos deixamos dous ligazóns para que vos sirvan de inspiración:
Ningún comentario:
Publicar un comentario