Debido ao éxito do concerto de Nadal, o equipo de Biblioteca propón unha nova actividade que comezará a partir do próximo 15 de xaneiro: "MM: Mércores Musicais".
Os mércores, durante os recreos, o alumnado que queira poderá tocar un instrumento musical na biblioteca. Alí teredes á vosa disposición un piano, e poderedes traer os vosos propios instrumentos (guitarras, xilófonos...). Todo aquel que queira tocar algunha peza musical debe pedir quenda ao responsable da Biblioteca que estea no recreo. Poden facerse interpretacións individuais, dúos... O único requisito é apuntarse o mesmo mércores ao entrar na biblioteca para ter quenda de participación. Se por algún motivo vos apuntastes pero non vos dá tempo a actuar, seredes os primeiros da lista para o seguinte mércores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario