Este 8M, Día Internacional da Muller, non podíamos menos que homenaxear a unha das escritoras máis universalmente recoñecidas, Jane Austen, por cumprirse este ano o 250 aniversario do seu nacemento. Achegádevos á Biblioteca para ver a exposición adicada a esta autora (e a outras que seguiron a súa obra), e non vos perdades as novidades que trouxemos sobre ela.
Se algún de vós quere ler algo desta autora, deixámosvos dous enlaces: o capítulo VIII de Orgullo y prejuicio e o capítulo chamado "Primeras impresiones" que Santiago Posteguillo escribiu en El día en que Frankenstein leyó el Quijote. Esperamos que vos gusten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario