O pasado luns 5 de maio tivemos a sorte de contar de novo coa escritora Sonia Mirón, que volveu ao noso centro para falar co alumnado de 1º ESO do seu libro Un sol dentro de mí. A novela trata dunha rapaza que sofre acoso escolar, e de como isto repercute na súa saúde física e mental. Non obstante, como outros libros de Sonia, a historia é esperanzadora, e como ela mesma contou na charla, non soamente se pode saír do pozo, senon que ademais a súa novela inspirou a acosadores/as a ser conscientes do mal que causan e a pedir desculpas ás vítimas.
Por outra banda, este ano a autora marchou cun agasallo moi especial: o traballo que realizou do libro Iria, unha alumna de 1º ESO B, que elaborou unha maqueta da habitación de Natalia (a protagonista do libro) á que non lle faltaba detalle: as fotos de James Dean, os vaqueiros da sorte, Nito (o osiño de peluche)...
Se queredes ver máis fotos da visita, pinchade no enlace para ver o álbum de fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario