Avísase a toda a comunidade escolar de que hai unha nova sección na Casiña que xa está operativa: a Videoteca. Lembrade que os préstamos de películas en DVD funcionan igual que os demais: hai un máximo de tres préstamos. Convidámosvos a vir á Casiña para que consultedes as películas que temos dispoñibles para emprestar. Tamén o podedes comprobar a través do Catálogo (ligazón directa dende a páxina principal do blog e da web do instituto). Tedes que introducir no buscador "Material gráfico".

Ningún comentario:
Publicar un comentario