venres, 27 de marzo de 2026

Voluntarios que non son voluntarios

Algúns dos nosos alumnos/as de 1º Bacharelato prestáronse voluntarios para montar un dos novos mobles auxiliares que o equipo de biblioteca adquiriu nunha famosa tenda nórdica. Durante a súa hora de libre disposición e o recreo, estes catro rapaces/as estiveron a construir o moble no que gardaremos cables e dispositivos varios para o noso novo proxector. Mirade que ben quedou! Moitísimas grazas a este alumnado voluntario que non é voluntario (porque non son colaboradores habituais de biblioteca).






 

Tabliñas de arxila

 



Achégadevos próximamente á Casiña para averiguar o significado destas tabliñas de arxila que o noso alumnado de Grego elaborou, reproducindo tabliñas de arxila reais que hoxe aínda se conservan. (Máis información no Instagram da Casiña).



Felices vacacións de Semana Santa a todos/as! 

martes, 17 de marzo de 2026

Escritura grecolatina para festexar o día do pai


O noso alumnado de Latín e Grego escribiu nestes "papiros" (chulísimos) unha serie de mensaxes para homenaxear aos pais este 19 de marzo. Non esquezades consultar o Instagram da Casiña para ter máis información: 
 


 

domingo, 8 de marzo de 2026

Exposición: As rúas de Vigo teñen nome de muller

 

Co gallo de festexar este 8M, o alumnado de 1º ESO investigou o nome de distintas rúas da nosa cidade con nome de muller: Concepción Arenal, Clara Campoamor, Olimpia Valencia, Antía Cal... Averiguaron a identidade e o papel que estas mulleres desenvolveron, e expuxeron os resultados das súas pesquisas nestas chulísimas caixas que se atopan na nosa Casiña. Non vola perdades:









 

sábado, 28 de febreiro de 2026

Actuación estelar: Crispín d'Olot


 A instancias do departamento de Lingua Castelá e do equipo de Biblioteca, este ano visitou por primeira vez o noso centro o xograr Crispín d'Olot. Recitounos composicións en lingua castelá dende a Idade Media ata o Barroco, adererazas con música e moito sentido do humor. Gustounos tanto que agradecemos enormemente o feito de que Crispín fixese un oco na súa axenda para visitarnos e  agardamos que poida repetir o próximo curso.

A continuación, podedes acceder a algunhas das imaxes e videos realizados durante a súa actuación:

FOTOS ACTUACIÓN DE CRISPÍN 

VÍDEO ACTUACIÓN DE CRISPÍN 

VÍDEO 2 ACTUACIÓN DE CRISPÍN 

 

xoves, 19 de febreiro de 2026

Recomendación de lectura: Máscaras de Amy Harmon

Unha das nosas booktubers e influencers do centro - Katia - recomenda encarecidamente a lectura da novela xuvenil Máscaras de Amy Harmon. Visualiza este vídeo no que Katia comenta o porqué desta suxestión. 

RESEÑA DE KATIA