Co gallo de festexar este 8M, o alumnado de 1º ESO investigou o nome de distintas rúas da nosa cidade con nome de muller: Concepción Arenal, Clara Campoamor, Olimpia Valencia, Antía Cal... Averiguaron a identidade e o papel que estas mulleres desenvolveron, e expuxeron os resultados das súas pesquisas nestas chulísimas caixas que se atopan na nosa Casiña. Non vola perdades:
domingo, 8 de marzo de 2026
sábado, 28 de febreiro de 2026
Actuación estelar: Crispín d'Olot
A instancias do departamento de Lingua Castelá e do equipo de Biblioteca, este ano visitou por primeira vez o noso centro o xograr Crispín d'Olot. Recitounos composicións en lingua castelá dende a Idade Media ata o Barroco, adererazas con música e moito sentido do humor. Gustounos tanto que agradecemos enormemente o feito de que Crispín fixese un oco na súa axenda para visitarnos e agardamos que poida repetir o próximo curso.
A continuación, podedes acceder a algunhas das imaxes e videos realizados durante a súa actuación:
martes, 24 de febreiro de 2026
xoves, 19 de febreiro de 2026
Recomendación de lectura: Máscaras de Amy Harmon
Unha das nosas booktubers e influencers do centro - Katia - recomenda encarecidamente a lectura da novela xuvenil Máscaras de Amy Harmon. Visualiza este vídeo no que Katia comenta o porqué desta suxestión.
Nova sección na Casiña: Le 1x15
Nesta nova sección da nosa Biblioteca propoñémosvos unha suxestión lectora quincenal. Consulta o letreiro luminoso para averiguar cal é a lectura que o equipo de biblioteca vos recomenda durante eses quince días. Esperamos que vos gusten.
luns, 26 de xaneiro de 2026
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)











.jpg)
