A Hora de Ler é unha actividade na que profesorado e alumnado adicará un tempo semanal á lectura. Entón, que podemos ler?
- Libros de lectura recomendados polos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.
- Material do noso interese de ficción: cómics, manga, novelas (históricas, de aventuras, de misterio, de terror...), poesía, teatro novela gráfica e libros ilustrados...
- Material do noso interese de divulgación (ou non ficción): libros, revistas e publicacións científicas (sobre bioloxía, zooloxía, física, química, tecnoloxía, matemáticas...).
- Material recreativo: libros de chistes, de xogos, adiviñanzas...
- A prensa
- Material que propoña o docente para o alumnado, en papel (libro, fotocopia dun artigo ou publicación) ou dixital (proposto polo profesor/a ou extraído do blog).
Lembrade traer a clase o voso propio material para a Hora de Ler. Se non tedes nada que sexa do voso interese na casa ou que non vos apeteza ler, botádelle un ollo aos fondos da Casiña e da vosa biblioteca de aula.
E que non se pode ler?
Non podemos ler libros de texto nin apuntamentos. A Hora de Ler non é un tempo de estudo nin de realización de tarefas escolares, é un tempo de lecer semanal que debemos adicar á lectura. Disfrutádeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario