xoves, 24 de outubro de 2024

Conta atrás para o Samaín!!

En tres, dous, un... festexaremos o Samaín: o mércores 30 de outubro. Estade atentos porque haberá actividades do ano pasado (proxección de curtametraxes durante o recreo do mércores no salón de actos, entre outras), pero agárdanvos tamén algunha que outra sorpresa. 

MOI IMPORTANTE:

Estas actividades están contraindicadas para aqueles con problemas para durmir (pesadelos, terrores nocturnos, insomnio...) e outros síntomas debidos á ansiedade e outras enfermidades. En caso de non seguir a indicación, nin o equipo de biblioteca nin a dirección do centro asumirá ningunha responsabilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario