luns, 25 de novembro de 2024

25N: Día internacional contra a violencia de xénero

Este ano a biblioteca e a entrada do instituto converteuse nun verdadeiro manifesto contra a violencia de xénero: dende os epitafios gregos e romanos de mulleres asasinadas polas súas parellas, o "Coidómetro e o Violentómetro", as pegadas, as bolboretas e as irmás Mirabal, ou a banda sonora contra a violencia de xénero, o camiño cara a igualdade... Todo o alumnado da ESO (e parte do alumnado de Bacharelato) participou nestas exposicións de rexeitamento de calquera clase de violencia dentro da parella.

- Exposición "Mirabalboretas"A actividade, coordinada entre o equipo de biblioteca e o departamento de Orientación, ía encamiñada a conmemorar as irmás Mirabal, tamén chamadas "as bolboretas".

- Cantareiras contra a violencia de xénero: co galo do día das letras galegas 2025 (adicado ás cantareiras e a poesía popular) o alumnado de 1º ESO C buscou cancións contra a violencia machista interpretadas por artistas femininas.

- Camiño cara á igualdade: un paseo de zapatos que simbolizan os pasos que hai que dar a fin de erradicar esta lacra.

- A miña pegada contra a violencia: un mural elaborado polo alumnado de 1º ESO no que deixan a pegada da súa man contra a violencia de xénero.

- Epitafios de mulleres asasinadas: recreación de epitafios reais de mulleres asasinadas polas súas parellas, elaboradas polo alumnado de Latín e Grego.

- "Coidómetro e Violentómetro": mural feito polo alumnado de 3º ESO no que figuran de forma esquemática os síntomas dunha boa relación fronte as que poden ser ou son pautas dunha relación tóxica.

- Exposición de novidades lectoras: coma o ano pasado, na Casiña atoparedes unha colección de novidades de lecturas contra a violencia de xénero. Achegádevos á biblioteca para coñecela.

Na seguinte ligazón poderedes ver as fotos das distintas actividades:

25N 2024


Ningún comentario:

Publicar un comentario