venres, 8 de novembro de 2024

Samaín 2024: De caixas e contos defuntos

Como sabedes, este 30 de outubro o centro cheouse de pantasmas, esqueletes e outras cousas espantosas. 

Nesta entrada poderedes ver a actividade "Caixa misteriosa", ofertada a todo o alumnado que tivese valor (e un pouco de estómago, para que nos imos enganar) para meter a man na caixa e sacar dela un microrrelato de terror:

FOTOS DA CAIXA MISTERIOSA 

Outra das actividades foi a recreación dun camposanto romano, e que estivo exposta na zona da cafetería:

FOTOS DO CAMPOSANTO ROMANO

A continuación, tedes as imaxes do contacontos Brais das Hortas, quen relatou uns arrepiantes "Contos de defuntos" que gustaron moito ao alumnado de 1º e 2º ESO. Grazas, Brais, pola túa boa disposición para vir ao noso centro e polo teu traballo.

FOTOS DO CONTACONTOS

 Por último, o equipo de biblioteca quere dar a noraboa aos participantes do concurso de relatos de terror, especialmente aos gañadores/as desta certame, e animamos ao resto de alumnos/as a participar nesta actividade o próximo ano.

RELATO GAÑADOR DA MODALIDADE 1: MARTIÑO LÓPEZ (1º BAC B)

 FOTOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Ningún comentario:

Publicar un comentario