venres, 8 de novembro de 2024

Colaboradores puntuais para traer novas estanterías

 

Avisamos na primeira entrada deste curso: aveciñábanse cambios. E os cambios xa están á volta da esquina. Nesta entrada poderedes ver a algúns alumnos/as de 1º Bacharelato B movendo as vitrinas para as novas estanterías que, en moi pouco tempo, estarán na Biblioteca. Moitas grazas ao noso aguerrido alumnado, ademais moi ben disposto, por facilitarnos a tarefa.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario