En abril, mes adicado a festexar o libro, a nosa Casiña estivo chea de novidades e actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro.
Igual que o curso anterior, chegaron á Casiña as peticións realizadas polo noso alumnado no Caixón de Suxestións. Estas foron expostas nun estante que foi renovado e que se convertirá no noso novo expositor de novidades:
Por outra banda o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e 4º ESO e 1º Bacharelato visualizaron fragmentos de películas en homenaxe a Jane Austen: Orgullo e prexuízo (4º ESO e 1º Bacharelato) e En terra de Jane Austen (1º, 2º e 3º ESO, unha comedia que parodia a sociedade que Austen describía nos seus libros e que fai ver que, nalgúns casos, certas fallas da nosa sociedade continúan presentes na actualidade):
Achégadevos á biblioteca para ver todas as novidades!! Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario