mércores, 23 de abril de 2025

Teatro de sombras chinesas no Vilalaura

 


 O alumnado de PDC visitou aos máis pequenos da contorna, da EEI Vilalaura, cun teatro de sombras chinesas. Como o proxecto que están a desenvolver na escola infantil  ten que ver cos contos tradicionais, o alumnado do noso centro deulle unha volta ao conto de Riciños de Ouro para sorprender ao público máis esixente, que quedou encantado coa versión que o alumnado de PDC interpretou para eles.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario