martes, 18 de novembro de 2025

Inauguración de nova sección na Casiña


O equipo de Biblioteca informa de que inauguramos unha nova sección na Casiña: Espazo Creativo. Durante os recreos poderedes vir á Casiña a debuxar, deseñar e crear diferentes tipos de materiais. De momento, comezamos esta sección cun imprescindible: manualidades de Nadal. Todos os que esteades interesados anotádevos na biblioteca antes do 26 de novembro.

Ollo! Agárdanvos máis novidades nesta sección no segundo trimestre. Estade atentos aos anuncios do blog e á cartelería do centro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario