Este ano o Samaín estivo cheo de novidades: libros novos de terror (non vos podedes perder a exposición da biblioteca), obradoiro de apócemas e variñas, a invocación á morte e os oráculos romanos.
Homenaxeando a Astérix e Obélix de Goscinny, trouxemos ao centro os adiviños da antiga Roma e un camposanto cheo de arrepiantes lápidas; a un druida e a unha meiga (das que hai quen di que son as herdeiras dos coñecementos dos druidas) para invocar a morte durante o recreo e para elaborar diversas apócemas que se utilizaron para espantar e neutralizar a distintos seres (Pedro Chosco, biosbardos, trasnos...). As receitas destas pocións atópanse na publicación anterior do blog (consultade o cuaderno dixital da meiga Rominerva); nesta entrada lembraremos o conxuro que recitou o druida Aldazabálix no recreo:
Aquí vos deixamos vídeos e imaxes do Samaín deste ano. Non vos esquezades de ver tamén a páxina web do centro e o Instagram da Casiña.
Fotos exposición de novidades de terror
Fotos obradoiro apócemas e variñas
Fotos e vídeo da invocación á morte
(1).jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario