Este final de curso foi moi especial porque o alumnado participou nunha feira na que expuxeron os traballos e proxectos desenvolvidos ao longo do curso. Nela amosouse o traballo realizado polo alumnado de 1º ESO e as súas maquetas das aldeas galas e castrexas; o Cancioneiro Goscinnyano; o proxecto do alumnado do Club de Ciencias, de Tecnoloxía... e algunha sorpresa, como o obradoiro de escritura grecolatina do noso compañeiro "Titus Lillus". No seguinte álbum de fotos podedes ver algunhas destas actividades:

Ningún comentario:
Publicar un comentario